domingo, 16 de marzo de 2014

Instalación do compilador xc8 de microchip en ubuntu

Pódese descargar o compilador aquí.
Escoller a versión para linux
Descarga a versión para linux

Para instalalo, ir á carpeta na que está nunha terminal e executalo como administrador.

domingo, 22 de setembro de 2013

[Fonte: departamento de "lenguajes y ciencias de la computación" da universidade de Málaga]



xoves, 16 de maio de 2013

luns, 29 de abril de 2013

A directiva "CBLOCK"

A directiva CBLOCK empregase  para asignar direccións consecutivas a unha lista de etiquetas. A lista remata coa directiva ENDC.

Por exemplo:

                           CBLOCK      0x0C
                       clave
                       constante
                       resultado
                       ENDC 

Neste exemplo, á variable clave corresponderalle 0x0C, á constante 0x0D e á resultado 0x0E.
Por tanto o bloque anterior é equivalente a poñer:

          clave           EQU    0x0C
          constante    EQU    0x0D
          resultado    EQU     0x0E



No caso de que non se inclua o valor de inicio da primeira etiqueta, á primeira etiqueta se lle asigna o valor seguinte ó da ultima etiqueta  do CBLOCK definido antes dentro do programa.

                       CBLOCK      0x0C
                       clave
                       constante
                       resultado
                       ENDC
                        ;.......
                        ;....... 
                        ;.......
                        ;....... 
                       CBLOCK     
                       abre
                       pecha
                       ENDC

O segundo bloque, non indica o valor de inicio polo tanto comeza no seguinte ó da última etiqueta do bloque anterior é dicir :
Á variable abre corresponderalle 0x0F, e á pecha 0x10.

martes, 16 de abril de 2013

As resistencias PULL-UP




As resistencias pull-up so son activas nas patiñas configuradas como entradas de tal xeito que as pull-up quedan desabilitadas en aquelas patiñas configuradas como saídas, é dicir, non poderemos usar as pull-up como resistencias limitadoras dun LED conectado nunha saída.


sábado, 2 de marzo de 2013

Como crear un proxecto con MPLABX

Este video forma parte dunha serie realizada por Yamid Rodríguez, podedes ver o resto dos videotitoriais na seguinte ligazón
https://sites.google.com/site/yrelectronica/MPLABX

venres, 11 de xaneiro de 2013

Simulación biestable R-S


[informatik.uni-hamburg]

Para ver mellor a simulación: unha vez que estedes na páxina, pulsando o botón dereito do rato, ábrese un cadro de diálogo, escollede "window" e "open external window", nesta nova xanela, podedes ampliar a imaxe na opción zoom que aparece o pulsar o botón dereito do rato. 

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Simulador rexistro tipo D

[informatik.uni-hamburg]

Para ver mellor a simulación: unha vez que estedes na páxina, pulsando o botón dereito do rato, ábrese un cadro de diálogo, escollede "window" e "open external window", nesta nova xanela, podedes ampliar a imaxe na opción zoom que aparece o pulsar o botón dereito do rato.

simulador biestables


[informatik.uni-hamburg]

domingo, 30 de setembro de 2012

Que horas mais longas !!!!!



A imaxe que vedes atopeina en "microsiervos" .Dáme a impresión que o que programou este reloxo, non foi a clase o día que explicaron cas horas tiñan 60 minutos.    

venres, 28 de setembro de 2012

mapas de karnaugh II

[Michael Keppler]

mapas de karnaugh on line

Aplicacións para simplificar con mapas de karnaugh

En sourceforge.net podedes descargar unha aplicación para simplificar funcións lóxicas para linux



 




Karnaugh Map 1.2 é unha aplicación ( windows) para simplificar funcións lóxicas mediante mapas de Karnaugh.
kmapfull.gif


Fonte de alimentación "casi gratis"

[fonte urriellu.net ]

Acender fonte de alimentación dun ordenador


Se queredes acender unha fonte de alimentación dun ordenador sen tela conectada na placa base, so tes que facer unha ponte entre o cable verde e o negro  tal e como aparece na foto.