A directiva CBLOCK empregase para asignar direccións consecutivas a unha lista de etiquetas. A lista remata coa directiva ENDC.
Por exemplo:
CBLOCK 0x0C
clave
constante
resultado
ENDC
Neste exemplo, á variable clave corresponderalle 0x0C, á constante 0x0D e á resultado 0x0E.
Por tanto o bloque anterior é equivalente a poñer:
clave EQU 0x0C
constante EQU 0x0D
resultado EQU 0x0E
No caso de que non se inclua o valor de inicio da primeira etiqueta, á primeira etiqueta se lle asigna o valor seguinte ó da ultima etiqueta do CBLOCK definido antes dentro do programa.
CBLOCK 0x0C
clave
constante
resultado
ENDC
;.......
;.......
;.......
;.......
CBLOCK
abre
pecha
ENDC
O segundo bloque, non indica o valor de inicio polo tanto comeza no seguinte ó da última etiqueta do bloque anterior é dicir :
Á variable abre corresponderalle 0x0F, e á pecha 0x10.
Ningún comentario:
Publicar un comentario